Os versos de Manuel María lévannos da man do Cafi ata a súa comarca, a Terra Chá. Guiados polo remorso do río Miño, o son mainiño e máxico dos regatos e a musica das verbas do poeta iremos de acó para aló descubrindo a Galicia máxica, o noso patrimonio inmaterial, o patrimonio cultural e o que foi o fogar do escritor, A fundación Manuel María.
28.1.16
27.1.16
CANTIGAS DE SANTA MARÍA
Ligazón ao índice de Cantigas de Santa María
Santa Maria,
Strela do dia, mostra-nos via pera Deus e nos guia.
Ca veer faze-los errados
que perder foran per pecados entender de que mui culpados son; mais per ti son perdõados da ousadia que lles fazia fazer folia mais que non deveria. Santa Maria... |
Amostrar-nos
deves carreira
por gãar en toda maneira a sen par luz e verdadeira que tu dar-nos podes senlleira; ca Deus a ti a outorgaria e a querría por ti dar e daria. Santa Maria...
Guiar
ben nos pod' o teu siso
mais ca ren pera Parayso u Deus ten senpre goy' e riso pora quen en el creer quiso; e prazer-m-ia se te prazia que foss' a mia alm' en tal compannia. Santa Maria... |
Rosa das
rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Dona das donas, Sennor das sennores.
Rosa de beldad' e de parecer
e Fror d'alegria e de prazer,
Dona en mui piadosa ser
Sennor en toller coitas e doores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Atal Sennor
dev' ome muit' amar,
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
que de todo mal o pode guardar;
e pode-ll' os peccados perdõar,
que faz no mundo per maos sabores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
Devemo-la muit' amar e servir,
ca punna de nos guardar de falir;
des i dos erros nos faz repentir,
que nos fazemos come pecadores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
de que quero seer trobador,
se eu per ren poss' aver seu amor,
dou ao demo os outros amores.
Rosa das rosas e Fror das frores,
Dona das donas, Sennor das sennores.
25.1.16
PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS
Este curso 2015-2016 a rapazada do IES da Pobra ponse na pel dos docentes e deseñan o contido dos 21 Días en Galego. Grazas polo traballo e por compartirde connosco os materiais.
17.1.16
A DESCRICIÓN
Páxina web do Abalar e material de Ramón Rocamonde. Grazas
AUDIO DA ACTIVIDADE 2 : LIGAZÓN
Describe en que consistiu o experimento premiado.
Explícao con detalle. O teu texto debe conter, polo menos, a seguinte información:
- por que se fixo o traballo; que o motivou
- onde se fixo o traballo
- que experimento realizaron (explicación detallada)
- a que conclusións chegaron
- como van dar a coñecer o seu traballo.
Debes redactar un texto ben cohesionado, non con respostas soltas ás preguntas anteriores. Ou sexa, agora es tiq uen explica en que consistiu o traballo, non a locutora nin o profesor.
AUDIO DA ACTIVIDADE 5
1. Escoita a gravación (pertence ao programa "Coñecer Galicia", do día 2 de xuño de 2012, da Radio Galega).
2. Despois de realizada a audición debes redactar un texto no que describas a que se dedica a empresa da persoa entrevistada e os servizos que ofrece.
3. Para realizar o traballo previamente debes localizar na entrevista información sobre os seguintes aspectos:
- como se denomina a empresa?
- cantos anos leva a empresa funcionando?
- a que se dedica?
- como é o seu sistema de traballo? (que fan exactamente?)
- diríxese a grupos de clientes grandes ou pequenos?
- cal é o número mínimo e máximo de persoas para unha saída?
- con cantas persoas se garante a saída?
- teñen itinerarios fixos ou os clientes poden escoller?
- que programa teñen na actualidade? fan visitas a petición dos clientes?
- que lugares son os máis visitados?
- traballan todo o ano ou só en tempada turística?
- que vantaxes teñen sobre as excursións en autobús ou en coche particular?
- prezos e horarios.
Unha vez recollida toda a información debes redactar a descrición da empresa e os servizos que ofrece. Ten en conta que o teu texto debe estar correctamente redactado e cohesionado, non pode ser un listado de respostas ás preguntas anteriores e non é necesario que sigas a orde das preguntas na túa redacción.
12.1.16
II Encontro de intercambio de experiencias educativas en linguas cooficiais
Grazas a Carlos por estar ao fronte do CAFI e darnos a oportunidade de compartirmos a ilusión de seguir traballando en educación deste xeito.
Deixo a presentación na cal se resume un chisco a idea do Proxecto Dragal.
Deixo a presentación na cal se resume un chisco a idea do Proxecto Dragal.
7.1.16
CANTIGAS SATÍRICAS HOXE
AS REGUEIFAS
TEMPESTADES DE SAL, SES
Dêmos graças, CAXADE
Gente pota, CAXADE
TEMPESTADES DE SAL, SES
Dêmos graças, CAXADE
Gente pota, CAXADE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)