27.11.15

ADEUS A NEIRA VILAS

Falece Xosé Neira Vilas (1928-2015) con case 88 anos en Vila de Cruces. 
Así se describe: vídeo
Programa GALEGOS

Traballou por poñer Galicia e o galego no seu lugar publicando un bo número de obras; pero sen dúbida as Memorias dun neno labrego (lectura en liña), no seu 50 aniversario, deixou unha restra de 600.000 exemplares que foron deixando pouso en cada voz que lle deu vida ao pequeno Balbino.


Para saberdes máis sobre o escritor deixo uns vídeos, a ligazón á páxina web da Fundación Xosé Neira Vilas e a ligazón a Galipedia, onde atoparedes novas fontes de información sobre o escritor.





No blog Son de Poetas, podedes escoitar a versión da Quenlla deste fermoso poema de Neira Vilas.

Ai, amor! 

Que lonxe! Que lonxe estás! 
Canta terra entre nós dous. 
Peno dende que te fuches. 
Ai, amor! Ai, amor! 

Cando busco nos teus ollos, 
magóame o corazón. 
Cantas cousas non pasaron! 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Pasaron meses e anos, 
e a mocidade pasou. 
Mido por noites o tempo. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Por ti agardo cada día,
 ateigada de ilusión. 
Ven axiña, volta a min. 
Ai, amor! Ai, amor!

 Ai amor, que lonxanía! 
Que soedade, que delor! 
Vivir sen ti non é vida. 
Ai, amor! Ai, amor! 

 Cartas van e cartas veñen 
e as palabras tinta son.
 Quero escoitar a túa voz! 
Ai, amor! Ai, amor! 

No blog A Fiestra da Mestra atoparedes unha proposta de acitividades sobre Neira Vilas.

26.11.15

CANTIGAS GALEGO-PORTUGUESAS

A web que atoparedes premendo na imaxe é unha base de datos de cantigas medievais galego-portuguesas. Aí poderedes atopar información sobre autores e composicións, así como escoitar versións musicadas dalgunhas das composicións.


3.11.15

A IDADE MEDIA EN GALICIA

Román Landín deixounos esta presentación sobre a realidade de Galicia na época medieval para que sirva de introdución aos temas de Literatura medieval. Obrigadísima.




Grazas a Sofía Rama podedes repasar os contidos da clase nesta presentación que fixo sobre a literatura medieval


MENTIRAS SOBRE O GALEGO

Grazas a Pialr Ponte por poñer a man esta información!!!


26.10.15

PROPIEDADES TEXTUAIS

No blog de Rosa Salgueiro, Na punta da lingua" poderedes atopar actividades complementarias ben interesantes sobre este tema. Premede nas ligazóns para poder acceder. 



21.10.15

O LEGADO CELTA EN GALICIA

Vídeo explicativo da cultura ou pobos celtas en Europa e en Galicia. 


LINGUA DE REIS LINGUA DO POBO

Nesta entrada deixo para o alumnado de 3º ESO e 1ª BAC un vídeo no que poden completar as explicacións sobre a situación da lingua galega na idade media.


6.10.15

DIALECTOLOXÍA


Remexendo e remexendo atopei a presentación sobre variedade diatópica do galego da profesora Celia Díaz.


Tamén atopei esta interesante proposta de traballo para o alumnado de 1º de Bacharelato que recolle na súa web Rosa Salgueiro: 

webquest dialectoloxía


Deixo un enlace ao blog de Linguas Próximas para que poidades achegarvos ás variedades da lingua galega dun xeito dinámico e atractivo. Aquí Ilda Vázquez recolle un traballo do noso compañeiro Xano Cebreiro.





Tamén tedes material interesante no  Blog de Raúl

E aínda podedes botar unha ollada as gravación da Nosa Fala, que atoparedes no arquivo do Consello da Cultura Galega. Ademais de escoitardes os textos poderedes lelos. 

22.6.15

ROMÁNICO ARTEIXO

Alfonso González deixounos este resumo onde podedes botar unha ollada ao patrimonio relixioso do concello de Arteixo.


19.5.15

ENCHE A BOCA DE POEMAS

Este curso o Día das Letras Galegas soubo a poesía. Grazas aos versos dos nosos poetas e poetisas máis destacados a rapazada estivo toda a mañá recitando os seus versos e, como non, empregando a lingua galega nun día en que ese era o obxectivo principal.

Mais tamén foi unha sorpresa descubrir que o alumnado gustou moito da actividade. Atoparon novos poemas. Gustoulles ler poesía galega, sobre todo aquelas composicións poéticas máis novas que se achegan a temas que a eles lles interesan.

Parece que as arboriñas de lingua que plantamos a semana pasada deron froito este venres 15, porque a lingua madurou e naceu nos beizos de alumnos/as máis e menos hábiles co seu idioma, para deitarse na orella de todo aquel que estaba a escoitar.

Como acto destacado para rematar este día de festa todos participamos na lectura dun manifesto de compromiso co galego e con Galiza.


14.5.15

O MONTE PINDO _ A RAÍÑA LUPA

PRESUME, ENSÍNAO



O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.
Video-creación para a coordinadora galega de equipos de normalización lingüística
http://coordinadoraendl.org/presume_de_galego/comparte.php
Productora "Bicharte" de canalartes. Obradoiros de animación e video-creacións.
http://revistadixitaldearte.blogspot.com
http://animacionblog.blogspot.com
@canalartes
Música con licenza creative commons:
"Golden Sunrise" Josh Woodward

29.4.15

PUBLICIDADE - GALICIA

Unha das alumnas do IES Rafael Puga Ramón fixo estes traballiños de publicidade no que NÓS, GALICIA e o GALEGO son o centro da súa atención.


20.4.15

ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA

Cando dicimos que Galiza é un lugar máxico, non é difícil explicar o porqué!!! Bota unha ollada a esta web e escolle cal é o teu próximo destino para dar nha volta e encherte de vida!!!

 RESPIRA GALICIA!! VIVE!!





18.3.15

REPASO CONTEXTO SÉCULO XIX

Xano Cebreiro axúdanos a entender os feitos históricos que nos axudan a entender a literatura do século  XIX. 

 Grazas polo traballo. 





11.2.15

WIKI DRAGAL - ACCESO

Nesta entrada deixo a ligazón para que poidades acceder de maneira doada ao voso wiki de Dragal.

Preme para ir ao WIKIDRAGAL

OLLO!!

____Para escribir o teu FINAL Á CARTA a) copia o seguinte texto, b) vai á páxina do wiki, c) pégao ao final da páxina do wiki na que estás e d) substitúe os XXXX pola información que se pide:

| XXXXNome do alumno ||

XXXXTexto do meu final


| colspan="3" style="background: #030303;"|
|-bgcolor="#2C1B1B"



______Para editar a túa onomástica fai o mesmiño ca antes desois de copiar o seguinte texto: 

| XXX Nome ||
Galego: XXX Tradución ao galego.    Hipocorístico: XXXX O meu nome familiar
Orixe: XXXXX (< ''XXXXXX'')
Significado: "XXXXXXX".
|-
| colspan="3" style="background: #030303;"|
|-bgcolor="#2C1B1B"

Na portada do wiki xa tedes un enlace no que accederedes ao foro. 



Para comezar a usar o foro debedes resixtrarvos. Recordade que o voso nome de usuario é: rafael  +  a primeira letra do nome e do apelido +  01. (MIRA A LISTAXE DA AULA)


Exemplo: rafaellc01, este sería o meu nome de usuario.


Envíame un correo a dragal.loli@gmail.com para poder facilitar o cantrasinal de acceso ao wiki.

ONOMÁSTICA. "ASÍ FOI, DOUTOR"

Despois da lectura do texto de Suso de Toro, "Así foi, doutor" , a todos nos quedou entrou a curiosidade de saber se o noso nome era Galego. Pois niso andamos.

O alumnado de 2º da ESO, ten que elaborar un pequeno cadro no que recolla a seguinte información:


  • Cal é o seu nome e apelidos ( se non está en galego debe sinalar debaixo: Cal é o seu nome en Galego)
  • Cal é a orixe do seu nome
  • Cal é o significado
  • Cantas persoas teñen en Galicia o seu primeiro e segundo apelido
  • En que lugar é máis habitual cada un dos seus apelidos
  • Como sería o xeroglífico do seu nome
  • Cal é a árbore que nos representa no horóscopo celta
  • A quen se dedicou o día das letras o día do seu nacemento.
  • Que feito curioso destacas dese día.

Nesta entrada organizo algunhas webs coas que podes traballar o significado dos nomes e apelidos e outras curiosidades. Todas as actividade podedes velas no blog de TINTARRÁS, xenial idea para traballar a onomática. Parabéns
 O significado dos nomes.






A nosa personalidade nos diferentes horóscopos.





Que pasa o día que ti naciches?


AS LETRAS GALEGAS DESE ANO


Os teus apelidos no mapa de Galicia. Cantos e onde?

CARTOGRAFÍA

EXEMPLO DA ACTIVIDADE





onomástica by Loli Cid Cid
/>

4.2.15

DISFRAZ DE DRAGAL

Imos ver quen é quen de facer o seu traxe de cabaleiro. Terá que quedarnos algo semellante a isto, pero simplificamos:
                                            Que precisamos?        

1. pantalón e xersei negro

2. luvas negras

3. botas negras

4. un anaco de tea branco co cal poidamos facer coma un chaleque (mira no vídeo, é moi doado). Mellor rectangular e mide polo teu corpo o largo que precises.
-Un anaco de tea negra e un cadradiño de cor laranxa (cartón ou goma eva cun D de dragal para facer o cinto que suxeite o noso chaleque. Mira no vídeo.

5. goma-eva tamaño folio de cor laranxa (para facer o escudo que leva no peito e pegar, coser, etc sobre a tea)

6. cartón-pluma tamaño folio A3 (redondear as puntas e poñer unha asa para facer o escudo. Despois debuxar ou                                                       pegar o mesmo dragón que o anterior)

7 facer unha espada (OLLO!!!! Só pode ser de cartón e no canto de ter a punta en ángulo ímola facer redonda!!!) 






3.2.15

DA LITERATURA Á ARTE E ÁS MATEMÁTICAS

Quería agradecer ao profesor de Matemáticas do noso IES a xenial idea de poñer aos nenos a deseñar rosetóns co software interactivo do "Geogebra". 

Alén de ensinarlles xeometría e álxebra, tamén fai que reparen nun dos elementos artísticos máis fermosos das nosas igrexas. E aínda máis, descóbrelles que moitas das figuras que representan están baseadas na simboloxía da nosa cultura celta.

É moi gratificante ver como a rapazada se ilusiona e vai descubrindo cousiñas da súa cultura e o ligan con películas, libros e outras historias que eles coñecen!! 




27.1.15

DRAGALIZACIÓN

As donas e cabaleiros da Fraternidade PUGADRAL teñen un perfecto fogar para o noso dragón!! 

A semente está botada... agora a imaxinación e a maxia serán os encargados de manter viva a lenda deste ser mitolóxico. 

 Así nos quedou:

ESGRAFIADOS

Grazas a Cartas de inverno e os símbolos dos cuartos da casa de Adrián, o alumnado de 1º ESO, despois de investigar que son os petróglifos, cales son os diferentes símbolos celtas e o seu significado, pois puxéronse a facer os seus propios gravados.

Este foron os resultados da proba.


21.1.15

PROXECTO DRAGAL: VISITA ELENA GALLEGO




Mañá, xoves 22 de xaneiro, visita o IES Rafael Puga Ramón Elena Gallego Abad, a escritora da saga de Dragal, ser mitolóxico que une a rapazada de diferentes lugares nun proxecto educativo de animación á lectura, dinamización da nosa lingua e axentes activos de transmisión da cultura galega e do noso patrimonio material e inmaterial.




14.1.15