30.11.11

FESTAS TRADICIONAIS


Unha ocmpañeira do curso de HTML , Monserrat Martínez Cañas (CEIP Alfonso Castelao, Vigo), deseñou esta páxina web onde podedes atopar información sobre as festas tradicionais en galego para traballar co alumnado de infantil e primaria.

Noraboa, gustoume moito.
Estes días temos á miña amiga Mar Hermida a voltas cun curso da Web 2.0. Sabedora como é da miña teima con este mundo achegoume o enlace do curso e agora compártoo convosco porque me pareceu moi interesante. Facede clic na imaxe e podedes visitar a páxina do profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta.



Curso de Ferramentas Google, Pedro Cuesta


Tamén deixo aquí o enlace a unha páxina web que é unha recompilación de ferramentas educativas para moverse polo mundo das TIC: Aplicacións Web 2.0.

Grazas Mar, envexo a túa vitalidade e as ganas con que inicias cada proxecto. Non cambies nunca.


28.11.11

A WEB DE RESISTENCIA



Despois de rematar o curso de Iniciación ao HTML deseñei este espazo web que supón unha análise da obra de Rosa Aneiros, Resistencia


Se queredes botarlle unha ollada non tedes máis que premer na imaxe.


Espero que o traballo sexa útil e bos guste. Sede boíños, recordade que é iniciación!!!

16.11.11

A LINGUA SABE A PAN

Onte escoitaba unha entrevista na Radio Galega co responsable do Consello Regulador do Pan de Cea falando do vídeo que fixo o alumnado do CPI Virxe da Saleta, en Cea.

Quedei sorprendida porque a conversa se centrou, única e exclusivamente, en falar da excelente promoción que os rapaces fan deste produto.


Deixo o vídeo para que poidades velo unha vez máis e porque o que realmente me sorprendeu é que non mencionaran en ningún momento que tamén se está facendo unha reflexión sobre a diversidade lingüística. É máis, sobre a existencia dunha lingua que nos identifica culturalmente e que os nenos falan coma tantas outras, porque o que máis lles gusta é "FALAR IDIOMAS".


14.11.11

NADAL EN GALEGO

Xa chegou de novo o concurso de felicitacións de Nadal en Galego convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.



O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Participación:


* Ata o 9 de decembro de 2011.
* Enviando as presentacións aos enderezos electrónicos:


secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou sxpl.secretaria@xunta.es