16.12.11

Museo Castelao







Se queredes ler algún texto de Castelao ao ver o albun de Nós, só tedes que acceder á páxina web do seu museo na rede.
Blog da Fundación Vicente Risco, Allariz

O martes 20 ás 21:00 horas terá lugar no Audotorio Municipal de Ourense a estrea da versión subtitulada ao galego do filme Pa Negre, candidato ao Oscar ao mellor filme en fala non inglesa. Quen teña interese en asistir á estrea pode solicitar entradas nas librerías de Ourense, na librería Aira das Letras de Allariz, nas oficinas do Festival de Cine de Ourense ou solicitalas a secretaria@fundacionvicenterisco.com até límite de aforo.

15.12.11

CASTELAO

Nesta entrada o alumnado de 4º da ESO poderá acceder aos datos máis relevantes da vida e obra de Castelao.

Mirade esta presentación que fixo Miguel Lamelas Pla.


Deixo outra mási completa feita por Román Landín. Máis sobre as cousas e debuxos de Castelao (Slide, asinado por Axa7)

30.11.11

FESTAS TRADICIONAIS


Unha ocmpañeira do curso de HTML , Monserrat Martínez Cañas (CEIP Alfonso Castelao, Vigo), deseñou esta páxina web onde podedes atopar información sobre as festas tradicionais en galego para traballar co alumnado de infantil e primaria.

Noraboa, gustoume moito.
Estes días temos á miña amiga Mar Hermida a voltas cun curso da Web 2.0. Sabedora como é da miña teima con este mundo achegoume o enlace do curso e agora compártoo convosco porque me pareceu moi interesante. Facede clic na imaxe e podedes visitar a páxina do profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta.



Curso de Ferramentas Google, Pedro Cuesta


Tamén deixo aquí o enlace a unha páxina web que é unha recompilación de ferramentas educativas para moverse polo mundo das TIC: Aplicacións Web 2.0.

Grazas Mar, envexo a túa vitalidade e as ganas con que inicias cada proxecto. Non cambies nunca.


28.11.11

A WEB DE RESISTENCIA



Despois de rematar o curso de Iniciación ao HTML deseñei este espazo web que supón unha análise da obra de Rosa Aneiros, Resistencia


Se queredes botarlle unha ollada non tedes máis que premer na imaxe.


Espero que o traballo sexa útil e bos guste. Sede boíños, recordade que é iniciación!!!

16.11.11

A LINGUA SABE A PAN

Onte escoitaba unha entrevista na Radio Galega co responsable do Consello Regulador do Pan de Cea falando do vídeo que fixo o alumnado do CPI Virxe da Saleta, en Cea.

Quedei sorprendida porque a conversa se centrou, única e exclusivamente, en falar da excelente promoción que os rapaces fan deste produto.


Deixo o vídeo para que poidades velo unha vez máis e porque o que realmente me sorprendeu é que non mencionaran en ningún momento que tamén se está facendo unha reflexión sobre a diversidade lingüística. É máis, sobre a existencia dunha lingua que nos identifica culturalmente e que os nenos falan coma tantas outras, porque o que máis lles gusta é "FALAR IDIOMAS".


14.11.11

NADAL EN GALEGO

Xa chegou de novo o concurso de felicitacións de Nadal en Galego convocada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.



O obxectivo da iniciativa é que as propostas fagan referencia a un tema vinculado con estas datas, para felicitar o Aninovo, o Día de Reis ou as festas de Nadal en xeral. Os traballos máis enxeñosos e cun deseño máis orixinal serán seleccionados para formar parte dunha galería de presentacións que estará dispoñible no espazo web da secretaría xeral. Ademais, outorgaranse tres premios consistentes nun lote de produtos de lecer en galego para cada un dos gañadores ou gañadoras.

Participación:


* Ata o 9 de decembro de 2011.
* Enviando as presentacións aos enderezos electrónicos:


secretaria.xeral.politica.linguistica.web@xunta.es ou sxpl.secretaria@xunta.es


19.10.11

O 24 de outubro celébrase o Día Internacioanl das Bibliotecas Escolares e dende o IES de Mos, Ana Fidalgo proponnos que vexamos os seguintes videos que foron seleccionados segundo o nivel do alumnado.

Ese día tamén terá lugar unhas xornadas de portas abertas da Biblioteca do centro para que todo o alumnado poida coñecer físicamente este espazo de traballo e lecer e comprender un chisco máis como funciona e sobre todo para que lle pode ser útil.


Para 2º de BACH



Para 1º de BACH



Para 3º e 4º da SEO



Para 1º e 2º da ESO

16.10.11

Diversidade lingüística

Se facedes clic na imaxe podedes acceder a un xogo con preguntas xerais sobre as linguas de Europa que atopamos no portal que a Comisión Europea dedica ás Linguas.

























Enlace ao Blog de Román Landín para traballar o Día Europeo das Linguas.

Carta Europea das Linguas rexionais ou minoritarias

Linguamón













As Linguas de Europa, unidade didáctica da AS-PG


9.10.11

O VIXÍA NO CENTEO

Para facilitar o traballo de alumnado e profesorado deixo a guía de lectura que nos ofrece a Editorial Xerais sobre a novela de J. D. Salinger, unha das máis censuradas nos Estados Unidos e pola contra unha das máis lidas nos centros.



Entrada da Wikipedia desta novela O VIXÍA NO CENTEO

Entrada do recuncho dos máis traballadores

Propostas de traballo co libro no blog Aula 21, tamén música, películas e o poema que dá título ao libro.

27.9.11

Ben Falado: Apelidos Galegos

http://webs.uvigo.es/chamateconxeito/principal.php



Escolma dos programas de Ben Falado do 1 ao 100 que tratan a antroponimia.

Ben Falado: Toponimia de Galicia

Deixo unha escolma de videos do programa Ben Falado, do profesor Xesús Ferro Ruibal, onde podedes atopar información sobre algúns topónimos de Galicia e outros enredos da lingua. Os programas revisados foron do 1 ao 110.

20.9.11

Valentín Paz Andrade

Esta semana comezou un novo curso académico e estará dedicado a Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras Galegas. Tras unha primeira pescuda de información sobre o autor, e pendente de novas lecturas, aí vai o xermolo dun traballo máis amplo que irá madurando cos días.



31.8.11

O DIARIO VIOLETA DE CARLOTA

Gemma Lienas convídanos a poñer uns lentes violetas e camiñar da man de Carlota por un mundo cheo de desigualdades, como vemos nos correos que lle envía súa avoa ou na vida da xente que rodea á protagonista.

"...desde que nacemos nos van ensinando a ter unha serie de características, virtudes ou defectos (...) comportamentos e crenzas hipoteticamente necesarios nunha muller. Dende o nacemento, polo tanto, ensínannos a "ser mulleres" tal como a sociedade pretende qeu sexamos..." (páx. 120)

O seu diario, un agasallo un tanto desfasado, acaba sendo a escusa para unha loita pola igualdade. Un grupo de adolescentes liderado por Carlota tenta romper con todas esas ideas preconcevidas que traemos de serie para buscar un mundo máis libre e equitativo, onde as mostras de machismo seguen presentes aínda que xa as teñamos asimiladas e non as poidamos ver.

A autora di do seu libro:

É moito máis ca novela e ca un diario. En día, Carlota recibe da súa avoa a encomenda de observar o mundo cunhas lentes de cor violeta, é dicir, dende a óptica feminista e igualitaria. Axiña vai entender, e nós con ela, que hai moitísimas situacións do noso día a día que tomamos como normais cando, en realidade, son todo un exercicio de discriminación e inxustiza.

Blog do Diario violeta



Aquí deixo unhas preguntas que atopei para traballar a lectura do libro.

O diario violeta de Carlota



MusicPlaylist
Music Playlist at MixPod.com






Podedes atopar materiais para a educación en valores neste enlace

Podedes atopar películas

SILENCIADAS DOCUMENTAL

AS SILENCIADAS



Este é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física, exilio. O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.

Relacionado con isto recordarei sempre a impresión que causou en min a lectura da novela de Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36.





Tamén me lembra este documental a película: A Mariñeira.




26.6.11

RECURSOS WEB E LINGUA

Páxina con actividades de lingua galega e un documento con recursos web para traballar lingua galega.

24.5.11

Murais Lois

Nestes murais feitos con Glogster podedes ver os traballos do alumnado de Juan Carlos, de 1º curso de ciclo medio de SMR do IES Pazo da Mercé. Grazas a todos pola colaboración e por implicarse nas actividades das letras galegas dedicadas a Lois Pereiro.

Silvia Parada Rodríguez



Aarón Gómez Pereira


Anxo Fernández Fortes




Fabián Estévez Casal

http://www.blogger.com/img/blank.gif


Jacobo Fernandez Romero
http://www.blogger.com/img/blank.gif



Xanán Fernández Alonso




Samuel González Vilahttp://www.blogger.com/img/blank.gif



Pablo Castro Álvarez



José Manuel Rivera Barros


23.5.11

19.5.11

VIDEOPOEMAS LOIS PEREIRO

Débora Francisco, 1º BACH B, IES Pazo da Mercé



Laura Rodríguez, 1º BACH A, IES Pazo da Mercé



Marta Álvarez, 1º BACH A IES Pazo da Mercé






12.5.11

XOGOS LETRAS GALEGAS 2011

Aquí deixo unha proposta de actividades lúdicas para traballar cos poemas de Lois Pereiro.
Hoxe comecei a escoitar que os nenos xa están recitando os seus poemas cada vez que se cruzan contigo no corredor e iso anima un pouco a traballar, ademais recorda ao ano pasado e dá gusto. Merece a pena sempre traballar cos nenos!!!











9.5.11

CONCHI REGUEIRO

Hoxe tivemos no IES Pazo da Mercé a Conchi Regueiro, unha das escritoras galegas de novela xuvenil de éxito entre a rapazada. Veunos falar do Tesouro das ánimas, da súa trastenda, de como foi o proceso de creación da novela e explicou de maneira moi clara cales son os elementos para artellar unha historia con éxito.




Preguntas do alumnado.

Carla (2º ESO B)_ Que libro che cousou máis emoción escribir?

Conchi Regueiro_ Con este, co Tesouro das ánimas, paseino moi ben. Foi divertido. Sempre me divirte moito escribir.
Agora estou escribindo unha novela que teño parada na cal a protagonista é a política, que adquire forma de muller. Pero está parada na páxina 90 porque estou facendo un Master, teño o traballo e non me dá o tempo.


Carla (2º ESO B)_ Gústache ler libros doutros escritores?

Conchi Regueiro_ Claro antes de ser escritor es lector e para escribir tes que ler moito.


Mario (2º ESO A)_ Como empezaches a escribir?

Conchi Regueiro_ Pois como era moi mala nos deportes e nas artes plásticas, pois dediqueime a escribir. Empecei con 14 anos, máis ou menos, aínda que profesionalmente aos 20.


Loli_ Por que os petos de ánimas e non outros monumentos?

Conchi Regueiro_ Escollín os petos de ánimas como protagonistas do enigma porque me chamaron moito a atención dende pequena e porque son un elemento propio da cultura galega que non ser repite noutros lugares.


Antonio (2º ESO B)_ Os lugares existen?
Miguel (2º ESO A)_ Existe Ponterrubiáns?

Conchi Regueiro_ Non non son reais, son ficción. PEro si é certo que para crear os espazos das miñas novelas me inspiro en lugares reais, coma a ponte románica de Arbo, que sae nunha das miñas novelas. En certa maneira os espazos dos meus libros son como un collage de distintos lugares da realidade.
Inventar os espazos é máis fácil para escribir. Ademais evito posibles conflitos coas xentes dos lugares, porque xa se ten dado o caso de que lles pareza mal que algún escritor/a diga algo negativo.


Mauro (2º ESO A)_ Como é que os rapaces no xogo, se só coñecían o mapa, sabían onde tiñan que meter as chaves para abrir os petos?

Conchi Regueiro_ Iso é como unha pista flasa, unha trampa que debe superar o personaxe principal para chegar á conclusión.


Carla (2º ESOB)_Pensaches en facer un cómic da novela?

Conchi Regueiro_ Non, dáseme fatal debuxar, podía ser un desastre o resultado. Pero si qeu é verdade que teño dúas materias pendentes que me apetecen moito: escibir un cómic e unha serie de TV.


Loli_ A figura do bispo Tristán é unha homenaxe aos ilustrados?

Conchi Regueiro_ Si claro, ben podería ser un Padre Sarmiento o protagonista. Ademais vede que o tesouro que agochou é moi importante porque significa devolverlle ao pobo algo que fora de seu.


Loli_ Os políticos non saen moi ben parados nas túas novelas.

Conchi Regueiro_ Non, non todos. Somentes aqueles que abusan do poder e intentan someter aos cidadáns.

7.5.11

Lois Pereiro no David Buján

Grazas Xoán (IES David Buján) por regalarnos e sorpréndenos con actividades innovadoras e atractivas que van chamar a atención e espertar a curiosidade do alumnado. Ben , tamén do profesorado.
Na fotomontaxe podedes acceder a unha serie de audio-puzzles elaborados con recitados dalgún poema do poeta monfortino.
Abride cada unha das xanelas desta imaxe para acceder ao interior do "mundo Lois" e coñecer un pouco máis esa poesía doente e paixonal que saiu da man dun poeta que tentou amoldarse á vida que lle tocou en "sorte" vivir.



























Fotografía: Manuel Vilariño... e o paso do tempo

2.5.11

AÍ VÉN O MAIO

COMO SINTO A LINGUA

GALICIAHOXE.COM
(30-4-2011)

Hoxe falarei da lingua galega. De como a sinto e como a vivo. As miñas experiencias coa fala. Unha desas cousas que fixen ben na vida foi falala. Outra, escribila. Trátase dunha historia de amor. Desas que non insiren The End cando quererías saber que pasou despois. Das que se sabe que durará mentres vivas, e máis alá, cando os textos escritos en galego teñan esa cor amarela dos arquivos e hemerotecas. Porque a primeira poesía que escribín estaba na lingua de Rosalía. Xuntaba palabras, é certo, e non atopaba rimas. Mais o aquel de poetizar en galego é anterior a coñecer a existencia da poetisa de Padrón. Ás veces conxecturo que comezou cando as comadroas me falaron, como a tantas outras crianzas que pasaban polas súas mans. Pareceume o celme máis musical e fermoso do mundo. Pode haber lembranzas do primeiro son que escoitas cando saes do útero?

Custoume afacerme á fala. A escrita estaba algo mesturada entre normativa AGAL e RAG, porque o meu primeiro profesor ensinaba aquela e a segunda esta. Mais, como nacín en Ourense e me criei en Viana do Bolo, ir ao rego, ou visitar a meu irmao son expresións que me soan mellor que ese o con til ou ese n final. Así que son receptiva cara ó estreito parentesco co portugués, un único gran río que se separou en Tui. Mais escribo en RAG porque... Nin idea. A fala custoume máis que a escrita, como adoita pasar co inglés ou o latín. Leo catalán e italiano, aínda que case nada francés. Teño nos miolos que o galego é idioma dende antes de que o ensinaran na escola. Síntoo meu e forma parte da miña identidade.

Certo que son bilingüe. Ata os 23 non dixen ren en galego agás responder en clase ás preguntas da profesora desta lingua. E cando compuxen esa primeira frase entroume unha vergoña e inseguridade proverbiais. Podería ser alemán e non me custaría tanto. E se me dirixía a algún profesor metía tantos che e te mal empregados que aínda me dá noxo. Ese che deturpado que sae dos meus beizos de cando en vez. E como fora, falando con Benigna e con Azucena, aló pola fin de ano 90 e comezos do 91, saíume con naturalidade. Nun ano mellorara tanto que nin eu o cría. Claro que falo un castrapo con cultismos. E como a sinto tan fondo no meu ser, a fala ole a lume de lareira, chourizo en manteiga, freixós, prados e carreiros. E a néboa e a choiva. E a eucalipto e a piñeiro. Que lingua máis sinestésica!.

1.5.11

Comedia bífida


O trama da Comedia bífida, texto de Manuel C. Núñez Singala, recrea o Xuízo Final que se celebra nun local nocturno con ambiente de cabaret, San Pedro xulga os mortos galegos segundo o uso da súa lingua que fixeron en vida.

Na obra, Lucifer, o fiscal, fai honor ao dito de que "Deus é bo pero o demo non é malo", mentres San Pedro xulga os acusados coa axuda dos anxos, os cales representan varios tipos sociais segundo a súa actitude cara á lingua galega: a dos galegofalantes que educan os seus fillos en castelán; a dos que viven no rural e empregan no seu contorno o galego pero mudan ao castelán nas súas relacións coas persoas de maior status social como o médico, segundo a típica actitude diglósica; a xente nova que vive de costas ao galego por crer que non lles dará prestixio no seu ámbito de relacións, e a dos que se declaran bilingües pero están instalados na diglosia.


Humor, ironía, sarcasmo, crítica e autocrítica marcan este espectáculo. O texto, de Núñez Singala, foi publicado en abril de 2007 por Galaxia dentro da colección Costa Oeste.

O autor, cuxa voz está representada na obra a través de Lucifer, é escritor, filólogo e director do Departamento de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Inspirou este texto dramático nun sketch da montaxe Bicos con Lingua de Talía Teatro.